10/26/2005

 

O NoSo EnL!!!

Que é un equipo de Normalización Lingüística?
É un grupo de persoas adicado á defensa da lingua e da cultura propias do país. Xente interesada pola súa propia sociedade, pola súa historia, polo seu pasado, mais tamén polo presente e polo futuro, para poder seguir estando no mundo como galegos, para poder aportar á Humanidade a nosa forma peculiar de vivir e de entender a vida. Tamén para aprender, en galego, a realidade dos demais pobos, das outras culturas o que eles aportan como comunidades diferentes ao labor universal da creación humana.

Cal ou cales son os obxectivos que nos moven no noso labor cotián?
O obxectivo fundamental é poder vivir en Galiza en galego, se así o desexamos. Ademais temos un segundo obxectivo, máis particular, provocado polo contexto no que se atopa o noso centro: desexamos usar o galego correctamente, sen castelanismos nin erros de ningún tipo; neste sentido o noso labor é de “descastrapización”, ten máis que ver coa normativización que coa normalización propiamente dita.

Que facemos para acadar os nosos obxectivos?
Poñer en práctica, na medida do posíbel, o Plan Anual de Actividades para a potenciación do uso da lingua. Entre elas atopamos as seguintes:
1.- Actividades de fomento do uso da lingua por parte do alumnado:
1.1.-
Elaboración de calendarios para a divulgación do novo Plan Xeral de Normalización Lingüística. (1º trimestre).
1.2.- Elaboración dunha Antoloxía Literaria cos relatos e poemas dos dous últimos Certames Literarios. (1º trimestre).
1.3.- Certame literario Trazos con Letras. (Todo o curso, coa entrega de premios en Maio-06).
1.4.- Concurso para a realización de Tarxeta de Nadal. (E. I. e E.P.) (Decembro-05).
1.5.- Concurso de adhesivos para o fomento da lectura en galego. (2ºtrimestre).
1.6.- IIª Feira do Libro. (Abril-06).
1.7.- Os maiores contan aos pequenos. (Fomento da narración oral escénica através dos propios alumnos/as do centro: os maiores como actores, os pequenos cono espectadores). (3º trimestre).
1.8.- Grupo de Teatro. (E.P. e E.S.O.).
1.9.- Grupo de Música. (E.P. e E.S.O.).
1.10.- Participación activa no Certame Entre Nós...
2.- Actividades tendentes a coñecer e valorar o patrimonio cultural galego, especialmente o referido ao Concello de Trazo:
2.1.- Recollida de refráns, ditos populares e xogos tradicionais. (Ao longo de todo/s o/s curso/s).
2.2.- Recollida de material oral na comarca, con gravacións a persoas maiores por parte do alumnado. Para que forme parte da documentación do centro como material antropolóxico vital para que non se perdan certos costumes, certas narracións populares, certas festas tradicionais e, inclusive, certos aspectos dialectais.
3.- Actividades de coñecemento de variados aspectos da realidade cultural galega através da asistencia a actos de tipo cultural relacionados coa lingua, a literatura, a cultura e a sociedade galega en xeral.
3.1.- Saída a Santiago: para que o alumnado de E.S.O. participe activamente no Correlingua 2006.
3.2.- Proxectamos a realización de tres grandes eventos distribuídos ao longo do calendario escolar no ámbito do noso centro:
-Como inauguración e clausura da IIº Feira do Libro, pretendendo achegar a Literatura á realidade e, por onde, os creadores aos seus destinatarios, intentaremos que un coñecido escritor/a galego, asista a unha charla-coloquio cos seus lectores/as.
-Para celebrar a fin de curso, esperamos contar coa presencia dun Contacontos que esperte, especialmente no alumnado, o interese pola narración oral escénica, pola arte de contar, en definitiva, pola literatura máis popular e tradicional galega.
4.- Outras actividades:
4.1.- O Boletín de Normalización, que supón o mellor resumo do noso labor normalizador. (Primavera 06).
4.2.- Taboleiro informativo. (Información sobre variados aspectos da realidade socio-cultural galega). (Renovación e actualización semanal).
4.3.- Creación dun Blog que manteremos e alimentaremos coa axuda do Taboleiro, pensando na futura creación dunha páxina web para o ENL.
4.4.- Material bibliográfico. (Enquisa para os distintos Departamentos didácticoa en relación coas súas necesidades de material didáctico en galego, para que sexan adquiridas através do ENL e así satisfacer o interese normalizador dos docentes).

Quén somos nós?
Os membros do ENL do C.P.I. Viaño Pequeno chegamos a considerábel
cifra de 38 persoas que se dividen, basicamente, en 10 grupos de traballo
ademais do Equipo Oficial, formado por:
-Ramón como representante de E.I.
-Agustín en representación de E.P.
-Ignacio Portela en nome de E.S.O.
-María Fosado, Cristina Calviño e Lorena Casas como representantes do
alumnado.
-Carme, a bedel, en representación do persoal non docente.
-Finalmente, Sofía, como coordinadora deste enorme equipo.

Os membros do equipo extraoficial son os seguintes:
3º E.S.O.: Lorena, Silvia, Isabel, Verónica, Lucía, Raquel, Pablo Pulleiro, Ríos, Martín, Xoán e Silvia Leis.
4º E.S.O.: Noelia, María Mallo, María Fosado, Ana, Vero Pombo, Vero Ramas, Carme, Helena, Milio, Inés, Vanessa, Xavier, Tania, Sandra, Raquel Louzán, Raquel Ríos, Jéssica, Cristina, Laura, Adriana, Suso e Silvia.

10/24/2005

 

PRESENTACIÓN DO EQUIPO


BENVID@S!!!




Vémonos en breve!!!!

This page is powered by Blogger. Isn't yours?