11/28/2005

 

O MILAGRE E O PODER DO LIBRO GALEGO

O libro galego é unha xoia aínda que sae ao mercado contando con ser todo a contra, e aínda así compite contra un rival no mercado que ten todos os medios ideolóxicos e de comunicación: o libro de castelán. O libro galego está feito con constancia, valentía e lealdade. Tamén lle hai que dar mérito aos escritores que escribiron en galego e renunciaron a oportunidades profesionais e monetarias.
Os escritores galegos seguiron escribindo en galego con subuación ou sen ela. Xa se editaron libros en galego durante a monarquía Isabelina; na Iª República; na ditadura de Primo de Rivera; na IIª República; na ditadura franquista, condo se puido. Sempre se escribiu en galego aínda que ás veces fose clandestinamente. E hoxe existan varios miles de lectores que agardan un libro en galego.
Existen case tantos lectores en galego coma en castelán. O libro en galego é un éxito consolidado. Por certo os libros en galego non só se manteñen das lecturas obrigatorias dos institutos senón da lectura voluntaria de miles de lectores galego-anónimos.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?