12/02/2005

 

Francisco Vázquez...

Paco para os amig@s... o galego débese utilizar na administración, na economía, na cultura... e na sociedade en xeral.
Porén é sorprendente que pidan que se utilice nos bancos á hora de pagar cheques, recibos, letras e outros asuntos financieiros, cando existen concellos como A Coruña que violan o marco legal, xa que o topónimo aparece en español.
Isto quere dicir, que non se vai cumprir o aconsellado polo consello de Europa na Carta das Linguas Rexionais no eido da administración.
Dentro de tres anos o Consello fará outro informe onde se verá se algo do que se recomendou foi cumprido, e unha vez máis comprobaremos, tristemente, que todo segue igual.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?