12/02/2005

 

O idiOma en €uropa

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, fala galego por primeira vez no Comité das Rexións onde se asinou un acordo histórico para que a lingua se use na UE.
O 16 de Novembro pasará a Historia da Lingua Galega como unha das datas importantes no proceso de normalización da lingua, posto que asinou un acordo entre o Goberno Español e o Comité das Rexións co que se dá o visto e prace ao emprego do galego, do éuscaro e do catalán na Unión Europea. Con todo, o convenio estabelece que as traducións faranse só en castelán.
De todos os xeitos, hai quen considera que este paso (que para moitos é cara adiante) constitúe en realidade un retroceso, posto que no Parlamento Europeo xa se tiña utilizado o galego pola súa cohabitación amigábel co portugués, mentres Camilo Nogueira fora deputado.
Detrás destas dúas consideracións distintas do feito a respecto do uso do galego no Parlamento Europa, agóchanse dúas concepcións lingüísticas ben diferentes: a consideración do galego-portugués como unha única lingua histórica, fronte á consideración de galego e portugués como dúas linguas políticas diferentes na realidade actual.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?