12/02/2005

 

"Prestixiar o galego será moi difícil"

Marisol López afirma que "prestixiar o galego será moi dificil, pero lograr que a xente fale esta lingua e se sinta orgullosa dela é a fin básica para a Normalización Lingüística". Con todo, pensa que "o galego mellorou dende a transición e que a súa incorporación ao ensino foi esencial".
Sobre o asentamento do galego na administración comenta que "os políticos e toda a administración teñen que preocuparse por falar ben galego", pero tamén opina que os erros que cometemos débense á prensenza do castelán en todos os ámbitos. Con respecto aos medios de comunicacións primeiramente sinala que se lles facilitará un tradutor español-galego, mais posteriormente pensará con máis calma no tema. En relación co Plano de Normailización Lingüística, conta que a cantidade económica que pediron será suficiente para a súa aplicación. Na súa opinión, habería que comezar coa aplicación do PNL na Administración, por exemplo, en xustiza. Vaise levar a cabo unha proposta (feita por unha comisión técnica) sobre as medidas que haberá que levar adiante no 2006. No eido do ensino, en relación á posta en marha da gratuidade para os libros de texto, di que: "é un aspecto que non afecta só á promoción do galego, de ser así, estaría totalmente de acordo". No tocante a Galiza, pensa que "temos unha oportunidade para cambiar moitas cousas para ben".

Cristina Calviño 4ºESO B


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?