1/16/2006

 

"O último roedor" en Trazo0o0o0o0o0o!!!!!!

@s alumn@s de 4º, que formamos parte do ENL do noso C.P.I. preparamos unha obra de teatro que temos pensado levar a un certame teatral (a ver se cae algho...)!!!
É unha adaptación da obra "O ÚLTIMO ROEDOR" de Cándido Pazó na que... a fame encheu o mundo, a fame chegou aos vertedoiros, a fame baixou aos sumidoiros... Os homes que todo gastaban, que todo tiraban, xa nada botaban ao lixo... As ratas estaban alarmadas: os vertedoiros estaban baleiros, os sumidoiros estaban limpos...Que acontecería enriba?? Terían acabado os homes co planeta?? Que comerían??... E abaixo?? Que ían comer?? O único que seguía a xogar, como se nada tivese ocorrido, era o último roedor...
O grupo de teatro TRAZOS do Equipo de Normalización Lingüística do C.P.I. Viaño Pequeno está formado polos seguintes actores, actrices, técnic@s...:
María, Cris, Sandra, Vero Ramas, Jessi, Leis, Vane (o seu pai), Raquel, Carme, Inés, Vero Pombo, Laura (a súa nai), Ana, Tania, Nacho, Lidia, Ignacio e Sofía...
Somos un EQUIPAZO e recomendámosvos que non a perdades!!! Vendo o resultado démonos de conta que pagou a pena todo o esforzo realizado... ;)
DE SEGUIDO, A MODO DE PRESENTACIÓN, UNHAS FOTOS DA MUNDIAL ESTREA EN TRAZO0O0O0O0O0O0O0........









This page is powered by Blogger. Isn't yours?