4/18/2006

 

A FUNCIÓN DA LITERATURA NON É CONTAR O QUE FOI SENÓN INVENTALO

Nunha entrevista que concedeu ao xornal ''A Nosa Terra'', o escritor, Antón Riveiro Coello fala da súa obra que considera moi pegada á terra que habita. A mellor herdanza do ourensán é galego que ten dentro, que escoitou desde pequeniño e co cal escribe don naturalidade.
Para el a función de literatura non é contar o que foi senón intentalo, ás veces contando o que nos gustaría que fose. Nesta sociedade demócrata e de progreso que vivimos, algunhas partes da nosa historia tenden a borrarse, por iso nos seus libros o afán de coñecer o pasado é unha necesidade, que vai unida á imaxinación.
Desde hai moito tempo a literatura compite con outros soportes coma o cine, pero aínda que os temas sexan comúns, son maneiras diferentes de contar as do audiovisual e as da literatura; Riveiro Coello baséase nisto para argumentar que os personaxes dos seus contos tenos que debuxar o lector dentro de si, e, se as súas novelas fosen levadas ao cine romperíase a maxia.
Raquel Ríos Dafonte 4ºB

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?