4/07/2006

 

Gaiteiros do vento

Co vento como punto de partida, Pepe Vaamonde Grupo presenta o seu segundo disco "Onde nace o vento", no que a tradición se reconcilia coon instrumentos e sonoridades máis vangardistas.
Tres anos despois de que Pepe Vaamonde Grupo se dera a coñecer co disco debut "Aviouga", o quinteto Folk reaparece co novo traballo. Mais desta vez, o novo disco vén acompañado dun feixe de novidades que dan conta da súa evolución como músicos e da consolidación como grupo deste quinteto que naceu no ano 2000.
Ademais da gaita, as frautas, a pandeireta e as percusións, este novo traballo inclúe instrumentos arredados do folclore tradicional como o piano, o saxo ou a batería. Novas sonoridades que casan ben coa nova idea defendida polo grupo de que a tradición debe ser actualizada, aínda que sen estridencias. A maneira de que a música tradicional evolucione é contribuíndo cun novo repertorio. Para a gravación deste disco o Pepe Vaamonde Grupo contou coa participación de importantes figuras dentro do panorama Folk internacional.
Mais a pesar do labor de composición e de gravación, a clave de Pepe Vaamonde Grupo está no directo. Festa e troula acompañadas do bo facer sobre as táboas.
Roberto Bello Andreo

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?