1/29/2007

 

a comprar pegatas!!

Como actividade nova estamos a preparar un concurso de pegatas que diseñarán aqueles que queiran participar no concurso. entre todos os diseños que se entreguen Xabier, Saúl e Daniel Calviño(encargados do concurso) escolleran o máis orixinal e ese será o diseño co cal se venderán as pegatas.
Todos os do ENL animámoste a participar!!!

 

Este ano tamén participamos no correlíngua

Este ano tamén queremos participar no correlingua, e queremos facer un manifesto os rapaces e rapazas de 4ºESO. polo tanoto que as bases para participar no concurso do manifesto son:

1. Poden participar os alumnos e alumnas de ESO menores de 20 anos.

2. A participación no concurso será EN GRUPO, preferiblemente unha aula completa.

3. O manifesto deberá estar de acordo cos OBXECTIVOS do Correlingua:
- Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de desenvolver acción en favor dela.
- Sensibilizar á sociedade, a través dos xoves, da importancia da defensa da lingua.
- Asociar a reflexión lca. a actividades colectivas, lúdicas, amenas e interdisciplinares.
- Poderá terse en conta o lema desta convocatoria: GALEGANDO!!

4. A extensión do manifesto será dun máximo de 500 palabras.

5. Os centros deberan formalizar a inscrición antes do 20 de decembro do 2006, enviando nun correo electrónico o número de persoas que compón o grupo e a etapa educativa. O texto do manifesto deberase enviar antes do 5 de febreiro de 2007.
GALEGANDO!!
Ainda que non nos importaría levar algun premio o máis importante é pasalo moi ben!!

This page is powered by Blogger. Isn't yours?