4/20/2007

 

BASES DO IVº CERTAME LITERARIO (06-07) TRAZOS CON LETRAS

I. Este Certame está destinado ao alumnado do CPI Viaño Pequeno.

II. Os Traballos serán orixinais e inéditos, escritos en galego, de tema e forma libres, en calquera xénero literario.
As composicións escritas poderán ir acompañadas de imaxes.
Os traballos a presentar poderán ser individuais ou colectivos.

III. En cada ciclo e en cada modalidade concederase 1 premio consistente nun lote de libros ou de discos compactos, adecuados a cada nivel educativo.
O premio suporá a publicación das obras gañadoras no Libro - Antoloxía que cada tres anos publicará o ENL cunha selección de textos dos participantes no Certame.

IV. O xurado estará composto por un grupo de non máis de 6 profesores / as do centro e o fallo darase a coñecer na Semana das Letras Galegas.

V. O soporte para E. Infantil será libre. O resto do alumnado presentará as súas composicións en folios A4, escritos por unha soa cara.
Cada traballo irá identificado (pola parte de atrás) co Título, o Número do alumno/a na clase (que servirá de pseudónimo), a Idade, así como o Ciclo, curso e grupo aos que pertence o alumno/a.

Os traballos seleccionados en cada curso, faranse chegar á coordenadora do ENL (Sofía Rama Lorenzo) antes de Semana Santa (30 de Marzo), para que se distribúan entre os membros do xurado.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?